miércoles, 24 de agosto de 2011

CANTIGA DE AMIGO por ARS CODAX

Choiva fina de Santiagho
viches ti meu namorado?
Marchou antes de eu durmir

Choiva fina, té amargo
meu amigo está casado
Marchou antes de eu durmir

Viches ti meu namorado?
caeu o ceo estrelado
Marchou antes de eu durmir.

Meu amigo está casado,
quen comete-lo pecado?
Marchou antes de eu durmir

Caeu o ceo estrelado,
alborada no letargo.
Marchou antes de eu durmir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada